O CAPM Vigo Teis atópase nun barrio moi dinámico, con moita vida comunitaria. O Centro de Dia Atalaia de Vigo está ubicado no barrio de Teis, concretamente na Avenida de Dona Fermina nº9. É un fermoso chalé, dotado con amplas terrazas. Nos sotos do edificio atópase a Escola Infantil Municipal Atalaia.

O edificio conta con espazos diversos tanto interiores como exteriores, o que favorece que as persoas poidamos reunirnos en pequenos grupos e tamén desfrutar do aire libre. Moi cerca temos a carballeira da Guía e o monte da Guía, as praias da Punta e a Etea. É frecuente relación das persoas do Centro con outras entidades (centros educativos, asociacións), o que enriquece o noso día a día